Saturday 18 de May de 2024

Mercedes Barreiro presenta na Pobra o poemario Pedazos de emoción


A poesía será o xénero literario protagonista da vindeira presentación que terá lugar na Pobra do Caramiñal. Mercedes Barreiro dará a coñecer ante o público o seu poemario Pedazos de emoción, que, coma nunha montaña rusa, convida a unha viaxe a través das páxinas que vai de temas duros a outros amables coa amizade verdadeira como destino.

 

O acto desenvolverase no 2 de xuño, a partir das 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán, e contará coas intervencións da propia autora e do director da institución museística, Antonio González.

 

A entrada é libre ata completa-la cabida.